PRIMAVERA EN GIVERNY

PRIMAVERA EN GIVERNY (Monet)

Por Esther Trigo 2º ESO

Claude Monet naceu en París o 14 de novembro de 1840 e finou en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926. Foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento.

Monet mudouse coa súa famila a  Giverny  en 1883 e alugou unha casa que tamén serviu como base para viaxes a Holanda e ás costas de Francia e Italia, onde ía pintar. A paisaxe aberta da rexión impulsouno a experimentar novos estilos que influirían na súa obra sucesiva .

Primavera en  Giverny forma parte dunha serie de pinturas nas que o artista lle quita un pouco a importancia ao punto de vista central e  minimiza o concepto de profundidade espacial. É unha elección contraria ás que operaran  na maioría das súas obras anteriores, onde xeralmente a mirada era guiada desde o primeiro plano cara a profundidade, seguindo  un camiño ou unha ringleira de árbores, marcando unha ruptura coa tradición clásica do  paisaxismo europeo .

En Primavera en  Giverny o punto de vista é perpendicular á ringleira de árbores, mentres que na  parte inferior hai un campo que forma unha franxa continua salpicada de cor. Algúns detalles, como a casa só suxerida  de lonxe, están escurecidos polas árbores  e a pincelada uniforme do artista. Non podendo fixar un punto de interese, o  espectador recréase no xogo de cores e na textura da pintura . O efecto do conxunto é máis unha  sensación de cor e superficie que a descrición dunha característica popular da paisaxe .

Primavera en  Giverny pertence a unha serie de obras nas que  Monet experimentou con diferentes esquemas  compositivos, mentres exploraba os modos nos que a estrutura da paisaxe cambiaba coa sucesión das estacións do ano . En 1884 fixo tres bosquexos que demostraban o seu nacente interese pola  interacción entre terras cultivadas e árbores.

Desde 1885 ata 1887 empezou a incorporar nos seus cadros vistas da beira do río que formaban unha franxa horizontal no lenzo, mentres centraba a súa atención nos efectos de pantalla producidos polas árbores. Ao mesmo tempo, rexistraba as variacións estacionais da paisaxe, dedicándose a  temas como os campos en flor, o trigo do verán e os bosques nevados. O seu  interese polas escenas estacionais  maniféstase nas cores solares  desta pintura.

Grand Tour

Un viaje a la Antigüedad

O Fiadeiro da Lingua

Blog no que alumnas de Verín crean posts cun contido interdisciplinar

OS SONS DO SILENCIO

Blog no que alumnas de Verín crean posts cun contido interdisciplinar

WordPress.com en Español

Blog de Noticias de la Comunidad WordPress.com

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos