RADIOCHIVITE



Programa 19

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es 8hv8XHA9_Uhsf4iQMr-uhXEFney122h7E7HoImtYJ0uVBdHe5FN8tCs9aasHn3mhSIfKveb8SdLDYqmUS0diFZ1NkuRZJOr7ePwGl_vb3OQc73TfFLxWaxlikV_TCBy5KtbcssxN

Produtor: Abraham

Correctora: Isabel

Na seguinte ligazón podedes escoitar a nosa sección do mes de Maio.

https://www.ivoox.com/os-sons-do-silencio-19-audios-mp3_rf_87810114_1.html

Nesta segunda ligazón podedes escoitar o programa enteiro de RadioChivite.

https://www.ivoox.com/programa-19-audios-mp3_rf_87810834_1.html



MARTINA DOSANTOS

Despedida Os son do silencio

Chega ao seu fin esta experiencia. Para min foi  marabillosa, recoméndolle  a  todos os alumnos do Chivite probar. Facer o teu artigo  e poder   narralo na radio é  unha  boa forma de aprender, buscando información, reflexionando sobre temas que ás veces poden pasar desapercibidos… Ademais teño que recoñecer que me divertín facendo os artigos e que me gustou colaborar coas compañeiras, todas elas fixeron un traballo xenial!!!

Creo que fixemos un bo equipo e tratamos temas moi interesantes e de actualidade, como  por exemplo o volcán da Palma, as guerras ou as enfermidades raras, entre outros.

Se tivese  que escoller un artigo meu, estaría entre A Atlántida, por ser un tema  que eu descoñecía e que me fixo pensar sobre cal sería a verdadeira teoría, se esa civilización tan avanzada xa existiu hai tantos anos e se é posible que existise alguna máis que nos descoñecemos…. Aí o deixo. O outro artigo foi Wonder, tanto a película como o libro encántanme, a capacidade de superación do protagonista e a súa familia, darte conta do importante que é empatizar cos demais, o importante  que é un sorriso e sentirte ben  facendo  sentir ben aos demais.

Moitas grazas pola oportunidade de traballar neste marabilloso espazo da rede.

Martina Dosantos.

Uxía Pérez Díaz

ATA MÁIS VER

Case sen decatarme, chegou o final doutro curso escolar e con iso a miña colaboración,  por este ano,  co blog de “Os sons do silencio” e coa Radio Chivite.

 Foi unha experiencia moi interesante  que me obrigou, para poder facer os artigos mensuais, a buscar información e a profundar nos distintos temas  que se foron tratando ao longo do ano. De todos eles, tanto dos meus coma dos das miñas compañeiras,  aprendín cousas novas, das que moitas veces non hai a oportunidade de falar en clase.

Colaborar no blog axudoume a adquirir experiencia á hora de buscar información así como a mellorar o uso do galego, xa que a miúdo tiven que  consultar o dicionario da Real Academia Galega para aclarar dúbidas que me ían xurdindo. Participar nos programas de radio contribuíu asemade a que,  pouco a pouco, vaia superando o medo e a vergoña a falar en público.

Dos artigos que escribín para “Os sons do silencio” o que máis me gustou  foi “Perséfone e o mito da primavera” porque sempre me sentín atraída pola mitoloxía grega, pero chamáronme especialmente a atención todos os que trataron as enfermidades raras, polas limitacións e os desprezos que moitas veces sofren as persoas que as padecen. 

Moitas grazas por contar comigo e ata máis ver. 

Valeria González Pérez

O meu paso por “ Os Sons do Silencio”

Valeria González Pérez 1º ESO A

O meu paso polo blog “Os Sons do Silencio” pasou por varias fases. En primeiro lugar dábame vergoña participar pois non sabía moi ben que é o que iamos facer. Unha vez “superada” a vergoña, a miña idea do que era o blog cambiou de forma radical. Tratamos moitos temas interesantes que me divertiron moito; por exemplo gustoume moito cando tratamos o tema das enfermidades raras no cinema. Nunca vira a película “Los Otros” e para min foi todo un descubrimento saber que o que padecían os protoganistas chamábase xeroderma pigmentoso.

Gustoume especialmente poder gravar a canción “Blowing in the Wind” de Bob Dylan, cando analizamos o tema da guerra, xa que me encanta cantar. A música significa moito para min e síntome cómoda cando falo dela, xa que este ano non temos a materia de música en 1º de ESO e por iso poder falar da música no blog foi marabilloso.

AKE YOU FEEL MY LOVE - Bob Dylan - LETRAS.COM
Macintosh HD:Users:josefinaperezrolan:Downloads:trumpet-25690_640.png

Por outro lado, supuxo tamén moitos coñecementos novos engadidos que, de non ter participado, nunca os tería.  Aprendín a mirar os cadros doutro xeito, a analizar aspectos das películas nos que nunca me tiña fixado, a ler os artigos das miñas compañeiras e aprender moito delas.

Gravar o artigo que escribía cada mes na radio deume experiencia á hora de falar en público. Axudoume tamén a manexar un pouco os nervios, a saber vocalizar mellor para que se me entendese e a falar moito máis en galego do que o  facía.

Grazas a subir os artigos ó blog puiden adquirir un mellor uso da tecnoloxía. En definitiva, foi unha grande experiencia que me divertiu moito. Agardo poder seguir formando parte deste equipo xa que cada unha de nós aporta un anaco de coñecementos e entre todas facemos algo fermoso, sobre todo grazas a axuda de Isabel e o profe Javier, que nos anima.

Macintosh HD:Users:josefinaperezrolan:Dropbox:Mi Mac (iMac de Josefina):Desktop:Captura de pantalla 2022-05-19 a las 22.05.54.png

Espero, polo tanto, que este artigo non sexa unha despedida senón un “ata logo.” Vémonos no próximo curso”

Macintosh HD:Users:josefinaperezrolan:Dropbox:Mi Mac (iMac de Josefina):Desktop:Captura de pantalla 2022-05-19 a las 22.08.25.png

Mariña García Airabella

Ola, son Mariña García e hoxe estou aquí para despedirme porque o blog chega ao seu fin. 

A verdade é que foi unha experiencia moi boa, gústame moito escribir e este blog permitiume facelo. En xeral todos os temas foron interesantes, gustoume moito investigar acerca dos temas propostos, sobre todo os relativos ás obras de arte. 

As miñas compañeiras foron moi simpáticas e redactaron todos os seus artículos moi ben, recordo un en particular que me interesou, trataba sobre Pompeia, unha tráxica historia sobre un pobo que afundiu baixo a lava, incluídos os habitantes.

Paseino moi ben e gustaríame seguir escribindo se houbera outra edición, pero esta vez máis relaxada, porque a primeira vez que escribín algo estaba moi nerviosa, e nin sequera acheguei fotos! Foi  un completo desastre, pero serviume para aprender do erro. Por certo, non foi ata unhas semanas despois de empezar que me enterei de a onde había que mandar os textos…

En fin, a pesar de tantos erros paseino ben e divertinme. Adeus e ata a próxima!

 Mariña García Airabella

EMMA RODRÍGUEZ GÓMEZ

A MIÑA EXPERIENCIA

Cando comecei esta aventura non sabía moi ben como sería o meu labor.

Participar no blog foi unha experiencia nova á par que entretida, aprendín cousas que, sen estar en Os Sons do Silencio nunca sabería. Ademais, coñecín compañeiras moi agradables. 

Tamén foi a miña primeira vez en estar nunha sala de radio e ver, en primeira persoa, como se grava.

 

É unha actividade que me encantou e espero estar convosco o ano que vén.

Non podo rematar sen dar as grazas a todos os que me axudaron nesta aventura. GRAZAS.

PRIMAVERA EN GIVERNY

PRIMAVERA EN GIVERNY (Monet)

Por Esther Trigo 2º ESO

Claude Monet naceu en París o 14 de novembro de 1840 e finou en Giverny, Francia, o 5 de decembro de 1926. Foi un pintor impresionista francés e un dos creadores deste movemento.

Monet mudouse coa súa famila a  Giverny  en 1883 e alugou unha casa que tamén serviu como base para viaxes a Holanda e ás costas de Francia e Italia, onde ía pintar. A paisaxe aberta da rexión impulsouno a experimentar novos estilos que influirían na súa obra sucesiva .

Primavera en  Giverny forma parte dunha serie de pinturas nas que o artista lle quita un pouco a importancia ao punto de vista central e  minimiza o concepto de profundidade espacial. É unha elección contraria ás que operaran  na maioría das súas obras anteriores, onde xeralmente a mirada era guiada desde o primeiro plano cara a profundidade, seguindo  un camiño ou unha ringleira de árbores, marcando unha ruptura coa tradición clásica do  paisaxismo europeo .

En Primavera en  Giverny o punto de vista é perpendicular á ringleira de árbores, mentres que na  parte inferior hai un campo que forma unha franxa continua salpicada de cor. Algúns detalles, como a casa só suxerida  de lonxe, están escurecidos polas árbores  e a pincelada uniforme do artista. Non podendo fixar un punto de interese, o  espectador recréase no xogo de cores e na textura da pintura . O efecto do conxunto é máis unha  sensación de cor e superficie que a descrición dunha característica popular da paisaxe .

Primavera en  Giverny pertence a unha serie de obras nas que  Monet experimentou con diferentes esquemas  compositivos, mentres exploraba os modos nos que a estrutura da paisaxe cambiaba coa sucesión das estacións do ano . En 1884 fixo tres bosquexos que demostraban o seu nacente interese pola  interacción entre terras cultivadas e árbores.

Desde 1885 ata 1887 empezou a incorporar nos seus cadros vistas da beira do río que formaban unha franxa horizontal no lenzo, mentres centraba a súa atención nos efectos de pantalla producidos polas árbores. Ao mesmo tempo, rexistraba as variacións estacionais da paisaxe, dedicándose a  temas como os campos en flor, o trigo do verán e os bosques nevados. O seu  interese polas escenas estacionais  maniféstase nas cores solares  desta pintura.

PRIMAVERA CON UNA ESQUINA ROTA.

PRIMAVERA CON UNA ESQUINA ROTA (De MARIO BENEDETTI)

Por Martina Dosantos 2º ESO


Mario Benedetti foi un escritor, poeta e dramaturgo uruguaio, integrante da Xeración do 45.


Primavera con una esquina rota, de Mario Benedetti – KindleGartenFragmento de «Primavera con una esquina rota»: Libertad | Sueños de Papel9789681915551: Primavera con una esquina rota - IberLibro - BENEDETTI,  MARIO: 9681915550

Esta novela conta a vida durante a ditadura militar de Uruguai,  dende     diferentes puntos de vista .

En 1973 o Golpe de Estado Militar en Uruguai cambia a vida dos seus cidadáns, con  perda de dereitos fundamentais, perda de liberdades, represión, presos políticos,  mortes e exilio.

Dictadura uruguaya: Dictadura uruguaya: ni olvido ni perdón | Público

No libro, os personaxes principais, todos relacionados por un vínculo de parentesco e amizade, falan en primerira persoa do seu sufrimento e experiencias baixo o autoritarismo e a represión causados polo réxime militar, incluíndose o     propio autor , que sufriu en primeira persoa o exilio forzoso e o cárcere.

En Primavera con una esquina rota amósanse moitos sentimentos, a nostalxia, os remorsos, a amargura, a soidade, o desamor… pero Benedetti quere transmitir unha mensaxe de esperanza, a fin da ditadura dará paso á LIBERDADE, de  aí o seu título. PRIMAVERA como fin da represión e o paso para que a sociedade recupere a LIBERDADE.

É un testemuño profundo e  dorido da enorme conmoción que os acontecementos políticos provocaron nas relacións persoais. O Uruguai da ditadura e o do exilio conxúganse na imaxe optimista da primavera como un futuro  promisorio.

En Primavera con una esquina rota, a primavera, aínda que esfollada, relevará por fin a un inverno que se insinuaba inacabábel.

Grand Tour

Un viaje a la Antigüedad

O Fiadeiro da Lingua

Blog no que alumnas de Verín crean posts cun contido interdisciplinar

OS SONS DO SILENCIO

Blog no que alumnas de Verín crean posts cun contido interdisciplinar

WordPress.com en Español

Blog de Noticias de la Comunidad WordPress.com

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos